O XADREZ AXUDA A AFRONTAR OS RETOS DA VIDA

A práctica do xadrez dende a infancia ou xuventude axuda a exercitar o pensamento abstracto, amosa o valor dun sacrificio en prol dun beneficio maior, presenta ao rival como un opoñente ao que hay que anticiparse pero nunca como un inimigo, insta a construir un plan no que todos os recursos dispoñibles concorran cara a un determinado fin, combinando aspectos estratéxicos de longo alcance con manobras tácticas de curto efecto e, por enriba de todas as cousas, ensina a aprender das derrotas mentres recoñecemos, respectuosamente, que o noso opoñente soubo ser superior cando nos venceu en lei. Todo isto, coa vantaxe de que en xadrez, en diferenza da vida onde hai moito máis en xogo, unha derrota carrexará, como maior custo, unha ferida ao orgullo. Á fin de contas, a vida é unha gran partida de xadrez!