Actividades extraescolares

O xadrez como actividade extraescolar desenvólvese en base ao Proxecto Trebellos. Este proxecto educativo pretende contribuír á educación integral dos alumnos nos centros educativos de primaria (6 a 12 anos) empregando o modelo das intelixencias múltiples.


No proxecto establécense unha serie de contidos e actividades que procuran potenciar as capacidades intelectuais e a intelixencia emocional así como fomentar valores fundamentais, potenciando o aumento da capacidade de atención e da concentración, a mellora do razoamento lóxico e adquisición do hábitos precisos para o estudo e a mellora do rendemento escolar.


Os obxectivos educativos do proxecto son:

Mellorar o rendemento escolar do alumno e contribuír na súa formación en valores fundamentais.

Reforzar as competencias básicas en base ao xadrez.

Contribuír na práctica do uso dos tres idiomas; inglés, castelán e o galego.

Fomentar o uso educativo das TIC.

Comments are closed