Aprendizaxe

Contidos

As pezas: valor e características.
Valoración, respecto e execución correcta do regulamento do Xadrez.
Desenvolvemento de habilidades estratéxicas e tácticas no xogo.
Realización correcta dos exercicios formulados.
Execución correcta dunha partida de Xadrez.
Análise da situación nos diferentes momentos dunha partida de Xadrez.
Afondamento e práctica de nocións fundamentais do Xadrez (defensa, ataque, estratexia…).
Respecto ao opoñente no Xadrez.
A linguaxe alxébrica: coñecemento e práctica.
Transcrición do taboleiro á folla de rexistro e viceversa a linguaxe alxébrica.
Fomento da investigación no Xadrez.

Competencias básicas

Competencia social.
Autonomía e iniciativa persoal.
Competencia en comunicación lingüística.
Competencia matemática.
Competencia dixital.
Técnicas de aprendizaxe.

Temas transversais

Educación para a paz.
Educación para a igualdade de oportunidades de ambos os dous sexos.
Educación social.

Actitudes

Respecto polos regulamentos, leis da competición e normas de comportamento correcto ante o adversario.
Valoración e respecto do silencio como fonte de concentración e elemento imprescindible dunha partida de xadrez.
Interese polo desenvolvemento dun comportamento correcto ante a vitoria ou a derrota, aceptando deportivamente o resultado das partidas e compartindo con satisfacción e compañeirismo os triunfos e fracasos.
Interese e gusto polo traballo ben executado e pola presentación ordenada, limpa e clara das actividades realizadas en clase.
Interese e curiosidade polo mundo xadrecístico.
Valoración da importancia do método para progresar no xadrez.
Interese por desenvolver a sensibilidade e sentido estético cara ao xadrez.

Organización

Na sesión deben establecerse as normas do coidado do material e da instalación a utilizar, facendo responsables aos alumnos da correcta colocación dos trebellos nas súas caixas correspondentes.

Introdución co obxectivo de captar a atención dos alumnos. 5 minutos
Explicación dun tema teórico concreto, empregando exemplos. Neste proceso buscarase a participación dos alumnos para que o monitor comprobe a efectividade da clase que imparte. 10-15 minutos
Exercicios. Este tempo pode ser maior se o grupo o require. 10-20 minutos
Tempo dedicado ao xogo. Debe durar ate o final da clase, xa que resulta moi difícil emprender outro tipo de actividade logo del. 20-30 minutos

É importante ten en conta que os primeiros 5 minutos de cada sesión se empregarán na distribución de material e os últimos 5 na recollida do mesmo e a posible recolocación dos pupitres e cadeiras na aula.

Comments are closed