Documentos



Declaración Europa

O 13 de marzo 2012 en Estrasburgo, o Parlamento Europeo adoptou o programa da Unión Europea de Xadrez – “Xadrez na Escola”. Esta declaración supón o recoñecemento dos beneficios que o xadrez pode achegar aos nenos e solicita á Comisión e Consello europea os medios para fomentar a introdución do programa de “Xadrez na escola” no sistema educativo dos Estados membros; os medios para o seu financiamento e a toma en consideración os resultados dos estudos sobre os efectos deste programa no desenvolvemento dos alumnos.



Tradución Leis

Copia dixital da tradución ao galego das Leis do Xadrez, por iniciativa da asociación Xadrez Trebellos e Educación, en colaboración coa Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Comments are closed