Monitores



As clases extraescolares do proxecto educativo Trebellos son impartidas nos centros por Monitores Titulados que contan cos correspondentes seguros sociais e de responsabilidade civil.

O proxecto contempla a emisión dun informe cuadrimestral por alumno que contempla a valoración do interese, actitude, adquisición de contidos, motivación para competir, nivel de xogo,esforzo de traballo,nota global e observacións. Tamén se inclúe a celebración do final do curso e a entrega de diplomas e premios, así como unha Valoración Xeral do Curso da que se fai entrega á dirección do centro e a ANPA.


O enfoque que o monitor adopta na aula fuxe do competitivo pois non pretende obter campións senón que procura obxectivos educativos. Estes obxectivos poden ser acadados por todos os alumnos, mentres que o enfoque competitivo pode provocar frustracións nalgúns deles.


Na división en grupos na actividade educativa co xadrez aténdese fundamentalmente ao nivel de cada alumno. De feito, ter un grupo de alumnos coa mesma idade non supón que contemos con alumnos coas mesmas capacidades cognitivas nin a mesma madureza.


Comments are closed