O Xadrez



O xadrez ten un carácter formativo sobre a personalidade das persoas e en particular en nenos e nenas de idade escolar, principalmente ao contribuír decisivamente á modelaxe de condutas positivas. Os principais argumentos para a súa incorporación como ferramenta pedagóxica nas escolas son que:

Ten unha base matemática debido á necesidade de revisar e analizar variables, a estudar todas as respostas posibles ante un movemento e as posibles contestacións por parte do adversario. O xadrez tamén favorece a intuición xeométrica ao traballar con relacións entre as figuras do xogo e o propio espazo do taboleiro.

Estimula o desenvolvemento de habilidades cognitivas como o pensamentos lóxico – matemático, critico e creativo, memoria, atención e autoestima.

Desenvolve o sentido ético ao ser o xadrez un xogo de regras, ao establecer valores, criterios e normas xerais para o desenvolvemento técnico da partida, a conduta e actitude do xogador polo que dá unha pauta para a adquisición de valores morais e o desenvolvemento do sentido da xustiza.

Estimula o desenvolvemento da creatividade a partir da resolución de problemas e elaboración de plans de xogo.

Permite o establecemento de transferencias nos máis diversos campos do coñecemento humano (psicoloxía, informática entre outras).

A súa práctica produce goce pola súa natureza de xogo e polo seu sentido estético, pola formas das figuras, a súa disposición sobre o taboleiro, a sucesión dos movementos ou as transformacións de valor.

Permite a súa relación co estudo de aspectos históricos como a evolución do xogo, dende a súa remota orixe ata hoxe ou as biografías dos pioneiros e protagonistas do xadrez.

Desenvolve o pensamento e o espírito crítico no establecemento de xuízos de valor sobre posicións concretas, xuízos que poderá argumentar posteriormente á luz da proba e demostración práctica ante o taboleiro.

Favorece o proceso de construción das diferentes estruturas psicoxenéticas, isto é, os fundamentos da comprensión da realidade segundo a teoría de Piaget.

Contribúe ao desenvolvemento de actitudes favorecedoras, como a capacidade de concentración, a tolerancia ás pequenas frustracións, o recoñecemento do lugar do adversario.

Pode ser aplicado como deporte complementario ao favorecer o autocontrol, sociabilidade, autoestima, expresión, creatividade ou relaxación.

O xadrez sendo un xogo de mesa serve para o desenvolvemento de deporte alternativo para paliar os problemas causados pola inclemencia do tempo.

Non é unha actividade sexista xa que na súa práctica non se evidencian diferenzas entre nenas e nenos.

Comments are closed