Presentación Leis do Xadrez

Congreso celebrado no Museo do Mar de Vigo no que se presentou a tradución ao Galego das Leis do Xadrez por parte da asociación Xadrez Trebellos e Educación, en colaboración coa Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Aproveitando este mesmo evento, previamente celebrouse unha mesa redonda denominada “Pedagoxía no xadrez”, onde se resaltaron os distintos beneficios que aporta o xadrez como apoio a distintas áreas da educación.


O evento tivo unha considerable repercusión en varios medios de comunicación, con distintas noticias ás que se pode acceder a través dos seguintes enlaces: Faro de Vigo (1), Faro de Vigo (2), Faro de Vigo (3), La Voz de Galicia, ABC

Comments are closed